Publicador de contidos

Publicador de contidos

Descontos e actividades nas librarías con motivo das Día das Letras Galegas

Descontos e actividades nas librarías con motivo das Día das Letras Galegas

Hai librarías que organizan encontros e sinaturas con autores e autoras

G24.gal 16/05/2022 22:12

Coincidindo co Día das Letras Galegas os libros en galego saen á rúa e hai librarías que organizan encontros e sinaturas con autores e autoras. "Coas sinaturas e a xente que se animou a comprar libros en galego, funcionou bastante ben o día", sinala Manuel Santiago Arenas da libraría Arenas.

Mais o feito de que o 17 de maio sexa festivo e que este ano cadre en martes contribuíu a diluír en parte a celebración. "Inflúenos que o tempo está bo e a xente marcha de ponte. Ás Letras fáltalles moito para que se celebre como unha festa nas librarías", engade Esther Gómez da libraría Moito Conto.

Os descontos no prezo son outro dos estímulos que se ofertan desde o sector libreiro. Entre os libros que espertan maior interese do público, autoras como Berta Dávila, Miguel Sande, Blanca Riestra ou Ledicia Costas. 

Desde a libraría Moito Conto, Esther Gómez proponnos a modo de recomendación: "O poemario de Manuel Rivas 'O que fica fóra', que está publicado na editorial Apiario. É o único libro que tivo dous premios na última gala dos Follas Novas e é un libro que aínda ten que chegar a moita xente porque é unha xoia da edición. E tamén vos podo recomendar 'Dous osiños', publicado por Kalandraka, que é unha historia para pequenos con fotografías marabillosas".

Para descubrir ou afondar no gusto pola escrita e a lectura en galego.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar