Descenso dos termómetros en Galicia, máis acusado nas zonas de montaña
En Cabeza de Manzaneda rexistráronse seis graos negativos, a mínima do país
Volveron baixar os termómetros en Galicia. Onde máis acusado foi o descenso das temperaturas foi na montaña. En Cabeza de Manzaneda rexistráronse seis graos negativos, a mínima do país hoxe. Pero a néboa e o vento fixeron que a sensación de frío fose maior en toda a provincia de Ourense.
Saír da casa custou esta mañá moito máis co frío que ía fóra. Baixaron de novo os termómetros en todo o país pero especialmente en Ourense.
E con esta friaxe, menos 3 graos en Verín por exemplo, dous negativos en Maceda, as leiras, os tellados, os coches... amenceron xeados.
Pero onde máis descenderon as temperaturas foi na montaña ourensá. 6 graos negativos rexistráronse en Cabeza de Manzaneda, menos 5 e medio na montaña de Valdeorras. E a sensación térmica polo vento frío nos altos e a néboa é moito maior.
E mañá dan máis frío así que aceptación ou abrigarse moitos para os que o levan mal.
Meteogalicia decretou para mañá o aviso amarelo por temperaturas mínimas.