Descenden os casos positivos nos centros escolares, pero soben nas escolas infantís
Aos 8.950 alumnos, profesores e outros empregados dos centros educativos infectados, hai que sumar 530 casos rexistrados entre as escolas infantís
Galicia rexistra un total de 8.950 casos activos de coronavirus vinculados a centros educativos, 308 menos que hai unha semana, segundo informa este mércores a Consellería de Educación, que ademais sinala que actualmente hai pechadas un total de 126 aulas, dúas menos.
Aos 8.950 alumnos, profesores e outros empregados dos centros educativos infectados, hai que sumar 530 casos rexistrados entre as escolas infantís e un total de 8 aulas pechadas, nove menos.
Baixan unha semana máis os casos nos centros educativos en case todas as áreas, excepto na Coruña, onde soben en 124 os casos, ata os 2.023 e tamén as aulas pechadas ata as 37; e en Santiago- Barbanza, onde os casos soben en 107 ata os 1.598 e as aulas pechadas soben ata as 31.
En Vigo descenden os casos en 172, ata os 2.126, e as aulas en tres, ata as 46; en Pontevedra baixan os casos en 119, ata os 1.090, e as aulas pechadas en sete, ata un total de nove pechadas; e en Ourense caen os positivos en 114, ata os 874, e as aulas pechadas descenden en 12, ata as dúas pechadas.
En Lugo os casos activos caen en 85, ata os 824, e as aulas pechadas pasan de seis a cero; mentres que en Ferrol os casos activos caen en 49, ata os 415 e as aulas pechadas descenden nunha, ata un total de catro.
Nas escolas infantís soben os casos en todas as áreas menos na de Lugo, na que os casos positivos descenderon en 11, ata os 34. A Coruña é a que máis casos acumula, 142, 25 máis que hai unha semana, e un total de cinco aulas pechadas, unha menos.
Vigo acumula 119 positivos, once máis, e dúas aulas pechadas, unha menos; Pontevedra conta con 76 casos activos, 21 máis, e unha aula pechada, unha menos; e Santiago acumula 73 casos, oito menos e non conta con aulas pechadas.
Ourense contabiliza 48 casos activos, seis máis, e ningunha aula pechadas; e Ferrol rexistra 39 positivos, un máis, e tampouco contabiliza aulas pechadas.