Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desarticulado un grupo criminal que introduciu 600 quilos de cocaína na cornixa cantábrica

Desarticulado un grupo criminal que introduciu 600 quilos de cocaína na cornixa cantábrica

Na operación foron detidas 13 persoas e intervidos 28 vehículos

Tamén se incautou un veleiro na localidade de Laredo (Cantabria) relacionado co transporte de cocaína ata o norte peninsular

A Garda Civil relaciona este grupo criminal co cargamento de 2.200 quilos de cocaína incautado en agosto de 2023 preto de Santander

Imaxe do veleiro comisado en Laredo
G24.gal 23/02/2025 10:55

A Garda Civil, de maneira conxunta coa Ertzaintza, desarticulou unha organización criminal que introducía grandes cantidades de cocaína procedente de Iberoamérica con destino á cornixa cantábrica e outros países europeos.

Para estes transportes utilizaban vehículos con dobres fondos (caletas) fabricados en dous talleres ilegais desmantelados en Fuenlabrada e Parla (Madrid). Na actualidade estaban a preparar por encargo caletas en vehículos que tiñan como destino distintos puntos de España, Italia, Portugal e Alemaña.

Na operación foron detidas 13 persoas e intervidos 28 vehículos. Destes, estaban preparados ou en proceso de creación dobres fondos en 11 turismos, catro furgonetas, dous remolques de tráiler e un ciclomotor. Tamén se incautou un veleiro na localidade de Laredo (Cantabria) relacionado co transporte de cocaína ata o norte peninsular.

Ademais de intervir máis de 600 quilos de cocaína e pequenas cantidades de éxtase nos distintos rexistros, calcúlase que a organización tiña capacidade e infraestrutura suficiente para importar e transportar ata seis toneladas de cocaína ao ano.

Esta operación, denominada 'Ergu', iniciouse ao ter coñecemento de posibles chegadas de embarcacións a costas do norte peninsular que poderían transportar grandes cantidades de cocaína desde Iberoamérica.

Igualmente obtivéronse probas que conectaban este veleiro coa embarcación intervida en agosto de 2023, a 30 millas do porto de Santander, que transportaba 2.200 quilos de cocaína. Dita intervención realizouse de forma conxunta pola Garda Civil, o Servizo de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria e a Policía Nacional.

Tras esta actuación en 2023, os integrantes da organización intensificaron as súas medidas de seguridade, permanecendo practicamente un ano sen actividade. A mediados do pasado ano 2024 detectouse nova actividade da organización.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade