Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desartellado un punto de venda de drogas en Santiago con dous detidos

Desartellado un punto de venda de drogas en Santiago con dous detidos

Comisados 80 gramos de cocaína e 45.000 euros

A detección foi posible grazas á colaboración da veciñanza

A policía atopou no piso ocupa 45.000 euros e 80 gramos de cocaína
G24.gal 08/09/2022 14:31

"Víase moito movemento de xente rara, drogadicta que andaba trapicheando", confesa un veciño.

A preocupación dos veciños da rúa dos Pelamios, en Santiago de Compostela, era manifesta. Levaban tempo observando movementos estraños.

"Si, daba moi mal aspecto aos negocios e a toda a zona, a verdade é que estaba perdendo moito valor a zona por este movemento de xente....".

"Eles fan e desfán o que lles dá a gana, se teñen que facer mal, tamén o fan e respecto non hai moito, porque eles marchan de aquí unha temporada e volven outra vez, por que? Porque aquí fan o que queren?", contan varios veciños.

Tamén era habitual ver tirados na vía pública todo tipo de obxectos que habitualmente se usan para o consumo de drogas.

"Tiraban as cousas pola fiestra e quedaban aí, si, iso téñoo visto eu pola mañá", apunta unha muller.

Grazas á colaboración da veciñanza, a Policía Nacional puido identificar e desartellar un deses piso ocupados ilegalmente que funcionaba como punto de venda de cocaína e heroína. Na operacion detiveron dúas persoas.

"Procederon á detección de dúas persoas  pola súa presunta participación nun delito de tráfico de drogas e neste caso grazas á colaboración cidadá que informou de un trasego inusual de consumidores habituais de substancias estupefacientes e concretamente na zona da rúa Os Pelamios o que xerara unha grande alarma social", informa César Ramos, voceiro da Policía Nacional de Santiago.

No piso ocupado de forma ilícita atoparon un machete de grandes dimensións, droga e tamén cartos en efectivo.

"Realízanse dúas entradas e rexistros en varios domicilios e froito das cales procedeuse ao comiso de 45.000 euros, 80 gramos de cocaína e varias básculas de precisión, así como útiles e precursores destinados á elaboración e ao tráfico de substancias estupefacientes", continúa o policía.

Estas dúas detencións súmanse a outras 3, tamén realizadas nas últimas semanas, en varios operativos contra o tráfico de drogas en Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade