Cargando resultados...
Detido un veciño da Coruña por vender droga polo miúdo no piso
Desartellado un punto de venda de droga tras un rexistro de dúas horas na vivenda
G24.gal
18/05/2022 14:27
Última actualización 18/05/2022 14:44
Unha ampla despregadura policial irrompeu esta mañá nunha vivenda dun inmoble da Rolda de Outeiro. Tras un rexistro de dúas horas, a policía levou unha persoa detida.
Os veciños, que moitos prefiren manterse no anonimato por medo, din que desde o verán estaban a vivir un calvario.
Algúns aseguran que, tras a detención do seu veciño, quedan máis tranquilos.
Polo momento, a investigación segue aberta.