Desaparece un home de 34 anos anos en Soutomaior
Vasile Daniel Cardos desapareceu o día 13 de febreiro, segundo publica a asociación SOS desaparecidos

A asociación SOS desaparecidos lanzaba este domingo unha alerta pola desaparición dun home no concello pontevedrés de Soutomaior. O desaparecido é Vasile Daniel Cardos, un home de 34 anos que desapareceu o día 13 de febreiro, segundo publicou este domingo a asociación na súa conta da rede social X.
🆘 DESAPARECIDO
— ALERTA DESAPARECIDOS (@sosdesaparecido) February 15, 2025
🟠 Alta vulnerabilidad #sosdesaparecidos #Desaparecido #Missing #España #Soutomaior #Pontevedra
Fuente: SOSdesaparecidos
Síguenos @sosdesaparecido pic.twitter.com/WiXDl0Y1a8
A asociación SOSdesaparecidos cualifica a desaparición de Vasile Daniel Cardos como de alta vulnerabilidade e describe a Vasile como un home de 1,88 de estatura, complexión forte, 115 quilos de peso, pelo louro escuro, curto e liso e ollos castaños.
No momento da desaparición, o home vestía un pantalón vaqueiro azul, cazadora negra con capucha e zapatillas de cores da marca Louis Vuitton.
Coma en todas as desaparicións, publican un correo electrónico e dous teléfonos móbiles de contacto por se alguén puidese dar algunha razón sobre o seu paradoiro; os teléfonos son o +34 649952957 e o 644712806. O correo electrónico de contacto é o info@sosdesaparecidos.es