Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxan un céntrico edificio en Vigo a causa dun incendio

Desaloxan un céntrico edificio en Vigo a causa dun incendio

O lume iniciouse tras estoupar un contador que estaba sendo manipulado por un técnico

G24.gal 16/05/2023 10:53

Varios veciños dun edificio situado no número 16 de Travesía de Vigo foron desaloxados polos bombeiros este martes á mañá por mor dun incendio.

Os feitos tiveron lugar sobre as 8:40 da mañá, momento en que varios veciños chamaron ao 112 Galicia para informar de que estourara o contador da luz, que estaba a ser manipulado polo técnico, o cal cortara previamente a luz.

Aínda que informaban de que todos os veciños estaban ben, afirmaban tamén que había moito fume nas zonas comúns do edificio.

Ao lugar dirixíronse inmediatamente os Bombeiros de Vigo, e o 112 advertiu da situación tamén á Policía Local e á Policía Nacional, así como a Urxencias Sanitarias 061.

De momento descoñécese o alcance do incendio ou o número de persoas que puidesen resultar afectadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade