Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxan por seguridade unha festa de Halloween en Sevilla con 13 menores atendidos

Desaloxan por seguridade unha festa de Halloween en Sevilla con 13 menores atendidos

Dous precisaron ser trasladados a un centro hospitalario

As portas de emerxencias estaban pechadas ou tiñan valos metálicos que impedían a saída dos asistentes

O responsable da festa para menores está investigado

G24.gal 30/10/2022 11:56 Última actualización 30/10/2022 20:36

Trece menores precisaron asistencia do 061 e dous eles foron trasladados ao hospital, por esvaecementos ou crises de ansiedade durante unha multitudinaria festa de Halloween "light" que desaloxou a Policía Local por motivos de seguridade.

Os axentes instruíron dilixencias contra un home de 42 anos como responsable da festa. Contra as 20:45 horas do sábado na sala Music Sevilla, na zona da Estrada Amarela da cidade, recibíronse chamadas ao 092 coa denuncia da saturación de persoas no local. Celebrábase unha festa para menores.

Cando chegaron os axentes observaron que unha ambulancia xa atendía unha rapaza de 14 anos á que levaron ao hospital cunha crise de ansiedade, mareos e perda de verticalidade.

Ante a situación solicitáronse máis ambulancias na zona. Os axentes entraron no local e observaron graves incumprimentos nas medidas de seguridade que obrigaron a desaloxar o recinto. Tiñan as portas de emerxencias bloqueadas, algunhas delas pechadas e había valos metálicos que impedían a saída dos asistentes.

A elevada ocupación, xunto coa "insuficiente ventilación do local" e o feito de que a" auga estivera cortada" nos lavabos provocou deshidratacións, esvaecementos e crises de ansiedade entre os menores. Non dispuñan de sistema de aire acondicionado.

Os axentes encontraron mozos caídos no chan atendidos por outros menores, todos coa pel colorada, fatiga, con exceso de suor e mareos.

Trece rapaces de entre 14 e 17 anos precisaron asistencia nas inmediacións da sala polos servizos de emerxencias 061.

No interior do establecemento os axentes contactaron co denunciado, responsable da organización da festa, para que xustificase as condicións do interior do local, que non tivo respostas para o que alí estaba a suceder. Apelou á necesidade de facer negocio: “Dalgunha forma teño que gañar diñeiro”, díxolles aos axentes.

Procederon ao total desaloxo do establecemento e ao seu precinto cautelar, á vez que informaron ao denunciado da instrución de dilixencias xudiciais polos feitos observados. Respecto aos menores afectados, os axentes contactaron cos seus pais ou titores legais para informalos dos dereitos que os asisten como persoas prexudicadas vítimas de delito. Non se descarta a existencia de máis afectados que foran trasladados polos seus propios medios a centros médicos, mentres que a investigación continúa aberta para esclarecer os extremos de interese para as dilixencias en curso.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade