Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxan na Coruña unha vivenda ocupada ilegalmente

Desaloxan na Coruña unha vivenda ocupada ilegalmente

A Policía Nacional detivo unha persoa

G24.gal 23/05/2022 14:43

A Policía Nacional desaloxou este luns na Coruña unha vivenda, propiedade do Concello, que levaba meses ocupada ilegalmente.  Hai unha persoa detida.

A vivenda é o segundo andar do número 30 da rúa da Barreira, ocupado ilegalmente dende hai meses. Esta mañá os axentes entraron no piso e detiveron unha das persoas que nese momento se atopaba no seu interior.

Hai xa tempo que os veciños viñan denunciando problemas de convivencia porque no edificio hai varias vivendas que están ocupadas ilegalmente. De feito, unha delas causa graves problemas ao establecemento hostaleiro que está situado no baixo, ao engarcharse de forma ilegal á rede eléctrica deixándolle ás veces sen subministración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade