Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxan máis de cen persoas por un incendio nunha residencia de maiores de Palma

Desaloxan máis de cen persoas por un incendio nunha residencia de maiores de Palma

Non houbo feridos graves, malia a voracidade das lapas

G24.gal 20/09/2023 08:31

O lume comezou sobre as oito da tarde deste martes nun dos cuartos da residencia de maiores de Palma de Mallorca. Aínda se descoñecen as causas. Toda a segunda planta quedou arrasada polo incendio.

A situación vulnerable dos maiores fixo que se mobilizasen todas as ambulancias de urxencias e un cento de efectivos, entre policías, bombeiros e sanitarios. E foi clave a rapidez nos desaloxos para que non houbese feridos graves. Houbo dous leves, que tiveron que se atendidos por inhalación de fume. 

O lume quedou apagado nunha hora e vivíronse momentos de moita tensión. Sobre todo cando comezaron a chegar os familiares dos internos, moi alterados, preocupados pola situación.  

A maioría dos desaloxados pasaron a noite na casa da familia e agárdase que hoxe poidan regresar todos ao centro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade