Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxado un edificio en Pontevedra tras arderen dous coches no garaxe

Desaloxado un edificio en Pontevedra tras arderen dous coches no garaxe

A intensa fumareda obrigou a evacuar a veciñanza, pero non houbo danos persoais

Os bombeiros traballan no lugar do incendio
G24.gal 17/03/2024 19:49 Última actualización 17/03/2024 21:31

Un edificio da Praza dos Maios de Pontevedra, preto da estación de tren, foi desaloxado este domingo tras arderen dous coches no garaxe, pero non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo informou o 112, sobre as 17:00 horas un particular avisou que ardía un coche e había máis turismos á súa beira.

A central de emerxencias alertou o 061, Bombeiros de Pontevedra, Policía Nacional, Policía Local e Protección Civil.

Finalmente, segundo os Bombeiros, arderon dous coches e o edificio tivo que ser desaloxado por mor da fumareda. Arestora, continúan cos labores de ventilación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade