Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxadas casas e as praias de Balarés e O Osmo por un incendio forestal en Ponteceso

Desaloxadas casas e as praias de Balarés e O Osmo por un incendio forestal en Ponteceso

O lume estivo provocado pola explosión dunha liña de alta tensión no lugar do Couto, na parroquia de Corme

O lume comezou ás 16:12 deste sábado, segundo confirmou o alcalde de Ponteceso

G24.gal 02/08/2025 19:44 Última actualización 02/08/2025 22:58

A alerta activouse pouco despois das catro da tarde. As testemuñas din que houbo unha explosión na liña de alta tensión. De momento está sen aclarar se foi na propia liña ou foi un transformado. Tras a explosión xurdiron tres focos de lume. Un dos lumes prendeu nun monte próximo ao Couto, outro na Agra do Couto e un terceiro preto Corme.

O lume intensificouse axiña e as autoridades víronse obrigadas a desaloxar casas e as praias de Balarés e o Osmo, no concello de Ponteceso. As autoridades tamén cortaron a estrada que une Ponteceso co Couto. Algúns turistas tiveron que ser evacuados cunha lancha de salvamento de Laxe.

Ata a zona desprazáronse axiña seis axentes, seis brigadas, catro motobombas, dúas pas, un técnico, unha unidade técnica de apoio e tres helicópteros enviados pola consellería de Medio Rural. Este dispositivo foi axudado, desde o primeiro momento, por veciños da zona de Currás, onde o lume se achegaba ás casas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade