Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desactivado o nivel 2 de alerta nos incendios de Boborás e Padrón, xa estabilizados

Desactivado o nivel 2 de alerta nos incendios de Boborás e Padrón, xa estabilizados

A superficie queimada en Boborás suma 230 hectáreas

Desactivada a alerta 2 no incendio de Padrón, que quedou estabilizado

Europa Press
G24.gal 15/06/2026 17:49 Última actualización 15/06/2026 17:59

O incendio declarado en Boborás quedou estabilizado na tarde deste luns logo de queimar 230 hectáreas. A Consellería do Medio Rural decidiu desactivar a Situación 2 de alerta ao deixar de correr perigo as casas.

A Xunta mantiña activo o nivel 2 de alerta "por precaución" tras unha noite "moi boa" en que a baixada das temperaturas, o aumento da humidade e o descenso do vento permitiron realizar cortalumes nas zonas máis próximas ás casas.

 

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, explicou en declaracións a medios de comunicación que a situación "é complexa" e vanse a alcanzar uns picos de alta temperatura durante a tarde, pero as previsións son favorables.  Engadiu Francisco que a principal causa que se baralla como orixe do lume é un raio.

Este mesmo luns, a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, advertiu de que a situación é "complexa", aínda que "nada que ver" co "terrible" que foi na tarde do domingo, polo risco para vivendas. A rexedora valorou a actuación "exemplar" de veciños que refrescaron tanto as contornas das súas casas como as daquelas persoas que non se atopaban nelas.

Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento, de forma acumulada, 4 técnicos, 25 axentes, 51 brigadas, 31 motobombas, 3 unidades técnicas de apoio, 4 pas, 6 helicópteros e 10 avións.

Medios do Ministerio para a Transición Ecolóxica, participan tamén nas tarefas de extinción.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade