Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous anciáns, atrancados na casa polo derrubamento doutra vivenda en Sandiás

Dous anciáns, atrancados na casa polo derrubamento doutra vivenda en Sandiás

Hai un mes unha casa derrubouse no seu patio e o propietario da vivenda non se fai cargo de recoller os cascallos

O Concello de Sandiás pechou a rúa polo perigo de que siga derrubándose e xa notificou ao propietario a obriga que ten de apuntalar a casa

G24.gal 15/01/2024 14:22

Hai xa máis dun mes que unha casa de Sandiás se derrubou no patio de Carmen. Por fortuna foi de madrugada e non ocasionou danos persoais, pero o perigo continúa.

Agora, coa cancela atrancada, Carmen, con 87 anos e coidando dun irmán encamado, de 96  só pode acceder á súa casa por unhas escaleiras. Ademais, por mor da ruína da casa lindeira, cando chove éntralle auga nos dormitorios.

Carmen pide desesperada que lle retiren os cascallos. Dende o Concello de Sandiás xa sinalizaron e cortaron a rúa polo risco de que a outra parede tamén se derrube.

Dende o Concello de Sandiás xa lle notificaron á propietaria da casa a obriga que ten de apuntalala e restaurala, se non o fai actuará o Concello, pero os gastos ten que asumilos a dona da casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade