Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cae un noiro sobre unha praia de Moaña

Cae un noiro sobre unha praia de Moaña

Técnicos da Autoridade Portuaria de Vigo avaliaron os danos e comezaron os primeiros traballos de reparación

G24.gal 30/03/2022 13:48

Os veciños de Meira espertaron con parte do noiro de terra que hai ao carón da praia do Cocho caído sobre o areal. O desprendemento danou unha tubaxe porén, segundo os técnicos, non se produciron verteduras ao mar nin problemas no saneamento.

A policía sinalizou a zona por precaución e para evitar consecuencias máis graves, pero non foi necesario cortar a vía ao tráfico. 

Non é a primeira vez que se produce un derrubamento similar. Este noiro fora apuntalado en 2019 e o pasado ano rexistráronse verteduras fecais ao mar.

Nas últimas horas os técnicos da Autoridade Portuaria de Vigo avaliaban os danos e comezaban os primeiros traballos para acometer a reparación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade