Cargando resultados...
Derrota dun Pontevedra "sen actitude", segundo Toni Otero
O Linense marcou o primeiro gol no minuto 67, e o equipo galego abateuse
G24.gal
22/01/2023 20:29
A estrea de Toni Otero á fronte do Pontevedra non resultou propicia. Aguantou durante 67 minutos no campo do Linense, pero volveu repetir erros anteriores. Dominou o partido en moitas fases pero tivo pouca pegada cara á porta contraria.
Pola contra, o Linense conseguiu marcar o primeiro grazas a Yassin Fekir, e a partir dese momento fixo sangue na defensa pontevedresa. Alex Guti e Toni García marcaron no treito final e puxeron un marcador contundente que fai moito dano.