Pedro Munitis, destituído despois da derrota do Lugo na súa visita ao Cornellá
Os galegos non puideron reponder ao gol de Canario de penalti
O club sacou un comunicado de madrugada anunciando a destitución do técnico
Os lucenses chegaban a Cornellá coa esperanza de asaltar os postos de promoción. O partido foi igualado desde o minuto un con alternancias para ambos conxuntos. Jozabed intentouno desde fóra da área pero o seu disparo marchou desviado. O Cornellá tamén avisou cun disparo ao pau de Kike Pérez. Aquí chegou a lesión de Javi Vázquez por un golpe no nocello cando intentou tapar o disparo. Pronto respondeu o Lugo. Ledesma estrelou unha cabezada no pau. Ao fío do descanso, foron os locais quen tiveron unha nova opción de adiantarse tras unha falta lateral.
No segundo acto, comezou mellor o Lugo co balón. Antonetti e Ledesma tiveron opcións de facer gol de cabeza. Pero no minuto 59, Johaneko fixo un penalti por agarrón. Canario, desde os 11 meytros, engañou Tabuçao e fixo o 1-0. Este penalti desencadeou unha lea entre o propio Canario, Quintana e Jozabed. O gol fixo moito dano aos de Munitis. O balón pasou a ser do Cornellá e tivo opcións para aumentar a vantaxe. Pouco despois, Caballero estrelou o balón no traveseiro cun lanzamento de falta. O Lugo marchou do partido e unicamente con tímidas chegadas ameazou a vitoria do Cornellá.
Tras o encontro, e xa ben entrada a madrugada, o club sacaba un comunicado anunciando a destitución de Pedro Munitis como técnico.
|OFICIAL|
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) December 17, 2023
👉Comunicado Oficial. Pedro Munitis#ForzaLugo