Publicador de contidos

Publicador de contidos

Derbi con arrecendo a play off entre Celta B e Rácing (20:30, G2)

Derbi con arrecendo a play off entre Celta B e Rácing (20:30, G2)

O Rácing ten na man garantir a terceira posición para os cruzamentos e o Celta B asegurar a súa presenza entre os cinco mellores

G24.gal 20/05/2022 20:53

O Celta B ten dúas oportunidades para garantizar a súa participación no play off. A liga desconta xornadas para a súa despedida e en Vigo non están para desperdiciar as ocasións. Este sábado, en Balaídos, recibe o Racing, terceiro clasificado.

En Ferrol vívese esta penúltima xornada con outro ánimo. Os de Cristóbal Parralo, xa clasificados, viaxan sen presión a Balaídos. Pero que ninguén se engane. Ao Racing interésalle competir ata o final.

No Racing entenden que este encontro nada terá que ver co da primeira volta, en que se impuxeron por 5-0 na Malata. Poderán seguir o partido este sábado na G2 dende as seis e media da tarde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade