Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo continúa atrancado en Riazor (0-0)

O Deportivo continúa atrancado en Riazor (0-0)

O Burgos sacou un empate da Coruña nun partido en que Yeremay estrelou un remate contra o traveseiro

G24.gal 24/08/2025 18:33 Última actualización 24/08/2025 18:56

O Deportivo segue deixando na casa o que gaña fóra. Contra o Burgos non pasou do empate (0-0) na estrea ligueira en Riazor diante dun público que agardaba unha mellor versión do seu equipo. 

Inicio en tromba do equipo de Hidalgo. Yeremay estrelou un remate contra o traveseiro e Zakaria tivo outra clara para marcar. Conforme pasaban os minutos o Burgos asentouse en defensa e o volume de ocasións decaeu. No 28 o visitante Curro rematou alto e no 36 unha cabezada de Barcia nunha xogada a balón parado acabou nas mans de Cantero. 

O inicio do segundo tempo deixounos os mellores minutos. David González e Íñigo Córdoba estiveron moi preto de marcar para o Burgos. Repondeu Yeremay no 50 cun remate que marchou fóra por moi pouco. Non quería ningún dos dous adestradores un partido tan aberto e freouse o ritmo de oportunidades. No 64 entraron Mella e Patiño para darlle unha marcha máis ao ataque deportivista pero o Burgos estaba moi sólido na defensa. 

Yeremay, cun intento de vaselina, e Gragera, cun disparo desde a frontal, ameazaban de xeito tímido. Ningún dos dous equipos arriscou máis do debido nos últimos minutos e asinaron un empate que os mantén invictos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos