Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dépor, Racing e Celta B rematan o 2021 cos obxectivos a tiro

Dépor, Racing e Celta B rematan o 2021 cos obxectivos a tiro

G24.gal 26/12/2021 18:05

A primeira federación volverá o vindeiro oito de xaneiro. Aínda quedan dúas xornadas da primeira volta e toda a segunda. Un mundo para tódolos equipos. Os tres galegos chegaron ao parón en boa situación. O Deportivo lidera a táboa con 37 puntos, catro máis que o segundo, o Rácing de Santander. Os de Borja Jiménez semellan estar no bó camiño para o ineludible obxectivo do ascenso ao fútbol profesional.

Entende o técnico deportivista que será difícil atopar no mercado invernal un bó reforzo para o ataque, aínda que por pedir...

No Rácing de Ferrol pensarán que o que é difícil mellorar é a defensa. Os de Cristóbal Parralo son os segundos menos goleados, con trece tantos en contra. Só o Deportivo é mellor nese aspecto, con nove. Esa firmeza atrás e as dúas vitorias consecutivas das dúas últimas xornadas levaron ao Rácing a unha quinta praza esperanzadora, con 28 puntos. Hai moita igualdade, pero estar no postos de privilexio quita presión e pode axudar cara o futuro.

O máis arriba posible tamén quere estar o Celta B. O equipo de Onésimo é o décimo clasificado, pero está a só tres puntos do quinto posto, agora ocupado polo Rácing, e que dá dereito a xogar o playoff de ascenso. Todo, malia a derrota da última xornada ante o Tudelano, o pechacancelas da táboa, e tamén ás características sempre especiais dos conxuntos filiais, que teñen que atender varias frontes.

Cada un cos seus propios condicionantes e as súas distintas esixencias. Pero os tres conxuntos galegos estás preparados para intentar acadar os obxectivos en 2022. Agardan uns meses de fortes emocións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos