Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian un foco de venda de drogas nunha zona próxima a colexios na Coruña

Denuncian un foco de venda de drogas nunha zona próxima a colexios na Coruña

Veciños e comerciantes de Montealto aseguran que desde hai dous meses é un continuo ir e vir de toxicómanos a unha vivenda da rúa César San José 

G24.gal 27/05/2022 13:51 Última actualización 27/05/2022 14:06

Venda de droga nas proximidades dunha escola é o que denuncian veciños e comerciantes da contorna da praza de España, na Coruña.

Non queren contalo á cámara, pero a poucos metros da praza, onde uns 1.500 rapaces atravesan diariamente a zona para ir a un colexio situado nela, un foco de venda e consumo de drogas mantén en alerta veciños e comerciantes do barrio de Monte Alto.

Denuncian que desde hai dous meses hai un continuo ir e vir de persoas a un inmoble da rúa César San José que van mercar droga, pero tamén a consomen en portais e mesmo en plena rúa. Por iso piden que a policía actúe.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade