Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian que unha empresa recolle coches no aeroporto de Santiago e os deixa nas beiravías sen vixilancia

Denuncian que unha empresa recolle coches no aeroporto de Santiago e os deixa nas beiravías sen vixilancia

A Garda Civil contabilizaou máis de 250 vehículos mal estacionados

Os afectados din que foron increpados e ameazados polos responsables da empresa

Marta González 13/04/2022 13:37

De camiño ao aeroporto da Lavacolla, a imaxe é a de arredor de 250 coches estacionados en estradas secundarias, en beiravías e incluso en terreos de AENA lindeiras ás instalacións aeroportuarias.

Veciños afectados e empresas de aparcadoiros de baixo custo responsabilizan desta situación a unha empresa que aseguran exerce sen licenza desde hai varios anos. Din que son moitos os usuarios que foron multados por estaren mal estacionados.

Tanto os propietarios doutras empresas como veciños da Lavacolla aseguran que foron increpados, ameazados e denunciados falsamente.

Aseguran que tanto o Concello coma as forzas de seguridade están ao corrente e que os feitos xa están no xulgado desde hai anos. A Galega púxose en contacto coas persoas que presuntamente ofrecen este servizo de aparcadoiro sen licenza e declinaron facer declaracións ao respecto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade