Denuncian problemas de inseguridade e convivencia por mor de varias vivendas de Narón ocupadas
Están a recoller sinaturas á procura dunha solución urxente e definitiva
Con medo e inseguridade, así din vivir no barrio naronés de Santa Icía desde que chegaron os ocupantes ilegais hai case un ano.
Un equipo da Televisión de Galicia tivo a oportunidade de falar cunha residente dunha das vivendas que os veciños aseguran estar ocupada de xeito irregular. Explicou que entrou nunha casa porque a tiña alugada seu irmán e que ela nunca tivo problemas cos veciños.
Porén a veciñanza di vivir amedrentada. Explican que os asaltos na rúa e os roubos nos coches e negocios son continuos.
Fartos da situación, andan á procura dunha solución urxente e definitiva e, para iso, están a recoller sinaturas para presentar no Concello. Queren evitar novas ocupacións ilegais e recuperar a tranquilidade no barrio.