Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian os danos provocados polos ocupantes dunha casa en Vigo

Denuncian os danos provocados polos ocupantes dunha casa en Vigo

Tiran feces e ouriños nos patios, hai cascudas, ratas e moita sucidade 

G24.gal 07/06/2023 13:01

A propietaria dunha vivenda da rúa Xílgaro, arroupada polos seus veciños, presentou denuncia. A casa leva anos ocupada por diferentes persoas. Sempre xerou problemas, pero agora a situacion é para eles insostible. Teñen medo, por iso só aceptaron falar con nós sen ser recoñecidos.

Aseguran que as persoas que viven alí tiran feces e ouriños nos patios. Hai cascudas, ratas e moita suciedade consecuencia da situacion de insalubridade na que viven. Ademais denuncian liortas entre as persoas que ocupan ou visitan a casa.

Din que hai movemento de estupefacientes, teñen medo e xa pasaron momentos de tensión. Saben que resolver unha situación de ocupación é moi complicado pero esixen solucións.

Mentres, piden máis presenza policial na zona para evitar as liortas e as situacións desagradables que viven a diario.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade