Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncian o envelenamento de gatos na vila de San Cibrao, en Cervo

Denuncian o envelenamento de gatos na vila de San Cibrao, en Cervo

Un exemplar morreu no barrio da Galiñeira con síntomas de inxestión de tóxicos

Félix Aragunde 22/09/2022 14:00

Unha gata morreu tras aparecer no barrio da Galiñeira, en San Cibrao, botando escuma pola boca. Na clínica veterinaria onde atenderon o animal, en Burela, indicaron que os síntomas que amosaba eran compatibles cun envelenamento. Así e todo, os veciños indican que o exemplar morto non formaba parte da colonia felina local.

Dende a protectora de animais Coletiñas de Cervo, que colabora na esterilización dos gatos e que fixo público o caso, indican que, de repetirse, denunciarán este maltrato ante o Seprona. Pola súa parte, os veciños están preocupados polos produtos tóxicos que puidera haber na zona ao alcance dos gatos ou das súas mascotas.

Tanto os residentes no barrio como a protectora lembran que, por lei, é obrigatorio esterilizar os gatos que andan pola rúa e está prohibido alimentalos fóra do ámbito doméstico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos