Denuncian a desaparición de pezas arquitectónicas moi valiosas do convento de San Salvador de Asma, en Chantada
Denuncian a desaparición de pezas arquitectónicas moi valiosas do convento de San Salvador de Asma, en Chantada
A denuncia chega dunha asociación local que levaba décadas sen acceder ao edificio

A denuncia chega dunha asociación local que levaba décadas sen acceder ao edificio.
A alarma dábaa un historiador local nun dos seus artigos na revista Alicerces. Xosé Méndez refírese á desaparición desta peza como un bárbaro espolio aos danos sufridos nos últimos anos neste edificio histórico.
O home puido acceder ao mesmo tras ser autorizado polos novos propietarios, a cadea hoteleira Hotusa, e nesta visita comprobou que desapareceran varias portas. A de estilo románico que daba acceso á igrexa e outra medieval do propio convento.
Outros danos que denuncia son no piso do claustro que está sen o pavimento de pedra que o cubría. O estado de deterioración do edificio vense denunciando desde a década dos 90. O edificio conta coa declaración de Ben de Interese Cultural desde o 2019.