Publicador de contidos

Publicador de contidos

Acusan o dono dunha discoteca de Noia de incitar menores a falsificar documentos

Acusan o dono dunha discoteca de Noia de incitar menores a falsificar documentos

A Policía Local remitiu o caso ao Xulgado de Garda de Noia e á Fiscalía de Menores

G24.gal 25/04/2022 14:28

En Noia, o propietario dunha discoteca foi denunciado pola Policía Local por incitar menores a falsificar documentos de autorización para poder entrar no establecemento. O caso foi remitido ao Xulgado de Garda e á Fiscalía de Menores.

Ocorreu o pasado sábado 17 de abril. Segundo informan dende a Policía Local, parece ser que o propietario da discoteca facilitaba uns documentos para que cubrisen os menores que quixesen acceder ao establecemento. 

Explican que amais esas autorizacións estaban firmadas por un adulto que supostamente acompañaba os menores nese intre. Con todo, só poderían ser responsables deles os titores legais, tal e como marca a lei.

O caso foi remitido ao Xulgado de Garda de Noia e á Fiscalía de Menores e está pendente de que se admita a trámite por incitar os menores a falsificar documentos.

Tamén está pendente que se abra un novo expediente desde o Concello ao dono do local, que xa conta cunha denuncia anterior do pasado mes de xaneiro.

Nese expediente, que segue aberto e tamén por deixar entrar a menores, unha menor tivo que ser auxiliada pola Policía Local despois de ser agredida cun vaso no interior do establecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade