Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncia o roubo de sete cans de raza petit basset griffon valorados nuns 30.000 euros

Denuncia o roubo de sete cans de raza petit basset griffon valorados nuns 30.000 euros

Sospeita que lles arrincarían os microchips para que non os identifiquen e teme que mesmo os poidan sacrificar se non lles dan saída

Ten a sospeita de que os animais poden estar en Cataluña, e xa alertou os Mossos d'Esquadra por se os detectan alí

Imaxe dunha das catro femias petit basset griffon que os ladróns non chegaron a levar
G24.gal 31/12/2025 13:57

Fran Miguéns, veciño de Isorna, en Rianxo, é moi coñecido e apreciado no mundo da caza e da cría de cans, pero neste caso prefire manterse no anonimato. Está devastado tras o roubo que sufriu nesta parcela onde ten as canceiras no lugar da Vacariza, en Rianxo. Sospeita que foi planificado. Explica que os ladróns accederon polo terreo lindeiro e cortaron o valado metálico da súa parcela, pero a do veciño está intacta. Ademais tiña material de construción almacenado e non o levaron, polo que sospeita que o tiñan controlado e viñan polos cans.

Leváronlle 7 dos 11 que tiña. Dous machos e cinco femias, unha delas preñada, a punto de parir. Malia o valor económico dos cans, uns 30.000 euros, a Fran o que lle preocupa é como estarán os animais. Sospeita que lles arrincarían os microchips para que non os identifiquen e teme que mesmo os poidan sacrificar se non lles dan saída.

Ten a sospeita de que os animais poden estar en Cataluña, e xa alertou os Mossos d'Esquadra por se os detectan alí. Decepcionado coa marcha da investigación, di estar decidido a seguir indagando ata dar co autor do roubo e o paradoiro dos cans.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade