Publicador de contidos

Publicador de contidos

Denuncia a suplantación de identidade do seu sogro, falecido hai 10 anos

Denuncia a suplantación de identidade do seu sogro, falecido hai 10 anos

Decatouse cando a compañía eléctrica lle enviou uns audios en que un home con acento suramericano se facía pasar polo finado

G24.gal 04/10/2022 17:32

María Espín e a súa parella, veciños de Lugo, herdaron unha casa en Pedrafita que era do seu sogro, falecido hai xa dez anos. A sorpresa chegou cando hai uns días recibiron da compañía eléctrica uns audios en que unha persoa con acento suramericano se facía pasar polo finado

"O titular do servizo a día de hoxe tería máis de 90 anos. Afeito dende moi novo a falar o galego, ata lle custaba falar castelán, se vivise a día de hoxe. Ao ver como alguén se apropia do nome e do enderezo e fan unha especie de película con todo iso, oféndeste enormemente", di María Espín.

Tratábase da suposta proba que a compañía eléctrica achegaba para xustificar o paso ao mercado libre, ademais de intentar cobrarlles a luz doutras dúas casas.

"Enviamos un correo en que pediamos a gravación ou o contrato que o titular do servizo tería que facer para o cambio de compañía. E cal non é a nosa sorpresa cando nos contestan ao correo e aparecen varias gravacións", afirma María Espín.

Tras reclamaren, acabaron por volver ao mercado regulado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade