Publicador de contidos

Publicador de contidos

Defuntos en 2021 sen restricións pola covid-19 nos cemiterios galegos

Defuntos en 2021 sen restricións pola covid-19 nos cemiterios galegos

G24.gal 30/10/2021 15:47

A dous días de Todos os Santos, coa fin de semana por diante e con pouca chuvia o normal en toda Galicia é atopar os cemiterios con moito movemento de familiares dos que alí repousan, que acoden a engalanar as sepulturas dos seus defuntos.

Nós estamos no cemiterio municipal de Pereiró, en Vigo, do século XIX. Neste 2021, despois dun ano con moitas restricións pola covid, o 1 de novembro parecerase ao de 2019. Moitos lembran o triste que foi o ano pasado.

Os camposantos reviven nos días previos ao 1 de novembro. Alí mestúranse os habituais, os que non deixan de ir visitar as sepulturas dos seus, con aqueles que visitan o cemiterio unha vez ao ano.

Os cemiterios galegos vivirán o 1 de novembro sen restricións unha vez que decaeu a emerxencia sanitaria. 
 


 



 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade