Publicador de contidos

Publicador de contidos

Defensa reforza a vixilancia dos montes galegos con 12 patrullas militares máis

Defensa reforza a vixilancia dos montes galegos con 12 patrullas militares máis

Dez patrullas vixiarán en Viana do Bolo e dúas, en Noia

Con esta nova incorporación, arredor de 200 militares están xa nos montes galegos

G24.gal 17/08/2025 18:27 Última actualización 17/08/2025 18:54

O Ministerio de Defensa incrementou o número de patrullas militares e medios das forzas armadas previstos inicialmente para a prevención dos incendios forestais co fin de apoiar as autoridades civís en Galicia.

O Ministerio anunciou nun comunicado que se incorporaron 12 patrullas terrestres, que se suman ás 35 do Exército de Terra e da Armada que se incorporaron o venres para vixiar os montes galegos e previr incendios e que forman parte da operación Centinela Gallego 25.

Destas doce patrullas terrestres adicionais, dez pertencen á Brigada Galicia VII ─Brilat─, que actuarán na zona de Viana do Bolo, e as outras dúas ao Terzo Norte (Ternor) de Infantería de Mariña da Armada, que operarán na área de Noia.

Con esta nova incorporación, arredor de 200 militares están xa nos montes galegos, coa misión de vixilancia e disuasión na loita contra os incendios forestais, en apoio das institucións autonómicas e baixo control operativo do Comandante do Mando de Operacións (CMOPS).

Numerosas unidades do Exército de Terra tamén apoian con persoal e medios os traballos de extinción que está a realizar a Unidade Militar de Emerxencia e Defensa e anunciou que está preparada para incrementar o apoio cando se estime oportuno.

O Ministerio tamén anunciou que se despregarán capacidades de mando e control e loxísticas na provincia de Ourense, como un camión alxibe, un camión cisterna e dúas ambulancias de soporte vital básico para atender todas as necesidades que poidan xurdir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade