Un incendio queima dúas plantas nun edificio da rolda de Nelle, na Coruña
Non se produciron danos persoais
Un incendio afectou este luns dúas plantas dun edificio da rolda de Nelle, na Coruña.
Trátase dun edificio de dez plantas que está no número 120. As lapas consumiron o noveno e o décimo piso
Afortunadamente, o incendio non causou danos persoais.
Na zona traballaron os Bombeiros da Coruña, Policía Nacional, Policía Local e Protección Civil.
Está previsto que os técnicos inspeccionen o edificio nas próximas horas.
Os veciños din que é a segunda vez que comeza o lume no mesmo edificio.
O lugar ten varios pisos ocupados e na zona quéixanse de que ata tiran lixo polas ventás.
O #112Galicia ten constancia deste incendio a través de múltiples alertadores, pasados dez minutos das 17:30 horas.
— 112 Galicia (@112Galicia) June 17, 2024
📍 Ronda de Nelle.
➡️ Os particulares que chamaron sinalan que arden as plantas superiores.
Desta hora, os servizos de emerxencias traballan no lugar. https://t.co/MqtKCjkdjs