Publicador de contidos
Publicador de contidos

Declaran nulo un despedimento por WhatsApp dun traballador de baixa cando se atopaba en urxencias

Declaran nulo un despedimento por WhatsApp dun traballador de baixa cando se atopaba en urxencias

A sentenza obriga a empresa con sede en Santiago a readmitir o traballador e a aboar unha indemnización duns 7.500 euros por vulneración de dereitos fundamentais

Foto de arquivo (Fabian Sommer /dpa/ EuropaPress) Foto de arquivo (Fabian Sommer /dpa/ EuropaPress)
G24.gal 10/01/2025 10:15

O Xulgado do Social nº2 de Santiago de Compostela declara nulo o despedimento dun traballador de baixa dunha axencia de publicidade que comunicou por WhatsApp cando o empregado se atopaba en urxencias por un cadro de ansiedade. O ditame foi ratificado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Deste xeito, a sentenza obriga a empresa con sede en Santiago a readmitir o traballador e a aboar unha indemnización duns 7.500 euros por vulneración de dereitos fundamentais. Segundo os feitos probados da sentenza, a compañía envioulle por mensaxe telefónica, a través da aplicación WhatsApp en setembro de 2023, foto do escrito no que daba por finalizada a relación laboral por non superar o período de proba. Foi no mesmo día en que o empregado iniciaba unha incapacidade temporal por un trastorno de ansiedade xeneralizado e minutos despois de que o traballador avisara o seu xefe que se atopaba en urxencias.

A xuíza considera que a empresa non achegou durante o xuízo unha xustificación obxectiva e razoable para o cesamento nin das "supostas queixas de clientes". Ademais, sinala que non correspondía período de proba algún porque o traballador fora contratado anteriormente pola devandita empresa para desempeñar as mesmas funcións.

Pola súa banda, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso de queixa interposto pola empresa de publicidade, polo que a resolución é firme e non cabe recurso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade