Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declaran a situación 2 de alerta por un incendio en Toques e Melide

Declaran a situación 2 de alerta por un incendio en Toques e Melide

A Xunta elevou o nivel da emerxencia pola proximidade do lume ao núcleo de Penagundín, en Melide

G24.gal 15/08/2025 08:21 Última actualización 15/08/2025 14:59

Os responsables dos servizos de loita contra os incendios elevaron a situación 2 a alerta a causa dun incendio iniciado na parroquia de San Martiño de Oleiros, no concello coruñés de Toques, pola proximidade do lume ao núcleo de Penagundín, no concello lindeiro de Melide.

Segundo as últimas estimacións, o incendio xa queimou unhas 200 hectáreas.

Cunha nube de fume. Así é como espertou a parroquia de San Martiño de Oleiros, no concello de Toques, despois de vivir onte unha xornada tensa. Apuntan que, polo momento, a situación vai para longo.

"Aínda está descontrolado porque non sabemos nin a superficie que leva ardendo dende onte e houbo situacións bastante complexas nos núcleos As Quellas e Penagundín houbo medo porque chegou preto das casas", asegura o alcalde de Toques, José Ángel Penas.

Este incendio conta cunha particularidade moi destacada, e é que afecta ao parque natural da serra do Careón.

"É unha ladeira onde todo é rede natura, hai moita maleza e as casas están moi próximas a estes montes, entón claro, entre a biomasa que hai e as condicións meteorolóxicas que hai contribúen a que colla moita forza e, como cambia moito o aire, é moi difícil paralo nun punto", comenta o alcalde.

A Xunta declarou a Situación 2 de alerta, o único fóra da provincia de Ourense, como medida preventiva pola proximidade do lume ao núcleo de Penagundín, no concello limítrofe de Melide. Pese que agora os veciños de alí están un pouco máis tranquilos, contan o medo que pasaron ao ver o lume tan preto do seu fogar.

"Pasamos moito medo. Chegounos á beira da casiña e non tiñamos que facer", afirma unha veciña. "Dixéronnos que pecharamos todo e se viamos moito fume que nos meteramos dentro e que nos pecharamos, sempre que non pasara o fume para dentro, se non teriamos que marchar", conta outra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade