Cargando resultados...
Declaran a Bill Cosby culpable de agredir sexualmente unha menor en 1975
Ten que pagarlle 500.000 dólares a Judy Huth, que daquela tiña 16 anos

G24.gal
22/06/2022 17:44
Un xurado dos Ánxeles declarou a Bill Cosby culpable de agredir sexualmente unha menor en 1975. O actor ten que indemnizar con medio millón de dólares a Judy Huth, que daquela tiña 16 anos, por agredila sexualmente na coñecida Mansión Playboy.
A decisión xudicial chega case un ano despois de que ao cómico lle anularan unha condena penal por outra agresión sexual e despois de que pasara dous anos na cadea por drogar unha exxogadora de baloncesto e abusar dela.