Declaran 8 dos 20 detidos nunha operación contra a fabricación de narcolanchas
Os outros arrestados comezan a declarar este xoves
Declaran nos xulgados de Vigo 8 dos detidos nunha operación contra a fabricación de embarcacións para o narcotráfico.
Esta operación rematou cun total de 20 arrestados nos partidos xudiciais de Vigo, O Porriño e Verín, así como en Toledo, Andalucía, Cataluña e o norte de Portugal.
Ademais destes arrestos, os axentes realizaron varios rexistros, entre eles nunha nave do Porriño dedicada á fabricación dese tipo de embarcacións ilegais destinadas ao transporte de estupefacientes.
Os investigadores incautáronse de varias 'narcolanchas' en diferentes fases de construción.
Esta operación policial foi desenvolvida por efectivos do Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga (EDOA) da Garda Civil de Pontevedra.