Publicador de contidos

Publicador de contidos

Declarado un novo incendio na Mezquita, mentres o de Maceda queda controlado

Declarado un novo incendio na Mezquita, mentres o de Maceda queda controlado

Un incendio forestal tamén prendeu preto do castro de Elviña na Coruña

G24.gal 03/08/2022 22:26 Última actualización 03/08/2022 22:53

Incendio na Mezquita (Ourense)

Un novo incendio no municipio da Mezquita xa calcinou 100 hectáreas na parroquia do Pereiro, segundo informou a consellería do Medio Rural. Súmase aos outros dous que permanecen activos este mércores na provincia de Ourense, e que afectan a Verín e a Maceda.

Incendio en Maceda (Ourense)

O incendio de Maceda orixinouse na parroquia de Castro de Escuadro e xa queimou arredor de 150 hectáreas. Medio Rural indicou a través das redes sociais que este lume prendeu en tres puntos diferentes de forma simultánea, o que indica que foi intencionado.

Para o seu control mobilizáronse 8 axentes, 26 brigadas, 12 motobombas, tres palas e cinco medios aéreos. Os medios de extinción concentran a súa forza no primeiro foco no alto da Serra de San Mamede, e de non haber complicacións climatolóxicas, podería quedar controlado nas vindeiras horas.

Incendio en Elviña (A Coruña)

Un incendio forestal tamén xerou certa alarma entre os veciños do castro de Elviña na Coruña, visible desde varios puntos da cidade. O lume orixinouse nunha superficie arborizada próxima ao campus universitario. Ata alí desprazáronse brigadas da Xunta xunto a un helicóptero e catro dotacións de bombeiros da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade