Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cinco mulleres que denunciaron por acoso a Tomé declaran no xulgado

Cinco mulleres que denunciaron por acoso a Tomé declaran no xulgado

Entre elas, as cinco mulleres que tamén denunciaron por acoso sexual na canle interna do PSOE o expresidente da Deputación de Lugo e actual alcalde Monforte

O tribunal tamén admitiu como proba no caso as conversas de WhatsApp entre a denunciante e o exsocialista polo que se reforza a acusación de Laura Vila, a única que presentou denuncia penal

G24.gal 29/09/2026 13:57

A investigación por presunto acoso sexual contra o expresidente da Deputación de Lugo e actual alcalde de Monforte, José Tomé, avanza. Cinco mulleres que o denunciaron pola canle interna do PSOE comparecían ante a xuíza. O seu testemuño pode abrir novas vías de investigación.

 "O seu nome saíu durante a investigación e haberá que determinar como están relacionadas con Tomé", explica o avogado da acusación, Luis Pena.

De momento só unha muller, Laura Vila, presentou denuncia penal. A súa defensa quere demostrar que non é un caso illado. O seu relato viuse reforzado ao admitir a trámite o tribunal as conversas de WhatsApp entre ela e o exsocialista.

 "Están todas admitidas, foron cotexadas, o que se fixo foi validar o contido desas conversas", engade Luis Pena.

Entre as nove testemuñas citadas tamén estaba a secretaria de Organización do PSdeG lugúes e deputada provincial, Pilar García Porto. 

O xulgado de instancia e mais a Audiencia Provincial rexeitaron as peticións de arquivo da causa por parte da defensa e polo de agora non hai data fixada para que José Tomé declare como investigado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade