Publicador de contidos
Publicador de contidos

Debido á intensa nevarada, os ciclistas deciden parar na primeira etapa de O Gran Camiño

Debido á intensa nevarada, os ciclistas deciden parar na primeira etapa de O Gran Camiño

Os ciclistas estaban a 20 quilómetros da meta en Sarria

G24.gal 23/02/2023 15:05 Última actualización 23/02/2023 16:20

O pelotón de O Gran Camiño, onde ía o danés Jonas Vingegaard, parou a falta de pouco máis de 15 quilómetros para o final da primeira etapa da proba pola forte nevada, que unía Lugo coa localidade de Sarria, e quedou finalmente suspendida.

Os ciclistas do grupo decidiron baixar da bicicleta debido ás duras condicións meteorolóxicas na provincia de Lugo, con moitísimo frío e unha intensa nevada no momento da parada. O campión do Tour de Francia foi un dos primeiros en meterse no coche do Jumbo, mentres os tres escapados -Gavazzi, Moscon e Schönberger- seguiron uns quilómetros máis ata que foron parados pola organización.

Tras a suspensión falamos con Gustavo César Veloso, director do Tavfer Ovos Matinados Mortágua

"Eles van na bicicleta. Eu no coche ía quentiño. Toda a roupa que levaba dentro, gasteina toda cos corredores. Eu enténdoos. Mañá é outro día"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade