Debido á intensa nevarada, os ciclistas deciden parar na primeira etapa de O Gran Camiño
Os ciclistas estaban a 20 quilómetros da meta en Sarria
O pelotón de O Gran Camiño, onde ía o danés Jonas Vingegaard, parou a falta de pouco máis de 15 quilómetros para o final da primeira etapa da proba pola forte nevada, que unía Lugo coa localidade de Sarria, e quedou finalmente suspendida.
Os ciclistas do grupo decidiron baixar da bicicleta debido ás duras condicións meteorolóxicas na provincia de Lugo, con moitísimo frío e unha intensa nevada no momento da parada. O campión do Tour de Francia foi un dos primeiros en meterse no coche do Jumbo, mentres os tres escapados -Gavazzi, Moscon e Schönberger- seguiron uns quilómetros máis ata que foron parados pola organización.
Tras a suspensión falamos con Gustavo César Veloso, director do Tavfer Ovos Matinados Mortágua
"Eles van na bicicleta. Eu no coche ía quentiño. Toda a roupa que levaba dentro, gasteina toda cos corredores. Eu enténdoos. Mañá é outro día"