Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vingegaard volve subir á bici e soña con chegar ao Tour

Vingegaard volve subir á bici e soña con chegar ao Tour

Jonas Vingegaard rompeu varias costelas e a clavícula no País Vasco

G24.gal 07/05/2024 15:09 Última actualización 07/05/2024 15:16

O danés Jonas Vingegaard (Visma Lease a Bike), dobre gañador do Tour de Francia volveu a subirse á biciceta despois da súa grave caída sufrida na Itzulia-Volta ao País Vasco o pasado mes de abril, e non descarta chegar ao Tour de Francia que comeza o 29 de xuño.

Nun vídeo do seu equipo, o danés anuncia que pode volver andar en bicicleta e non descarta a posibilidade de defender o título no Tour.

"É agradable poder volver andar en bicicleta con normalidade. Por primeira vez fóra. É fantástico poder volver adestrar fóra de casa. Xa estou a desexar dar os seguintes pasos na miña rehabilitación", sinalou.

Vingegaard rompeu varias costelas e a clavícula no País Vasco e, ademais, sufriu un colapso pulmonar e un hematoma por mor da grave caída.

"Por suposto que espero estar na saída, pero temos que esperar e ver como está a miña condición e como vai a miña rehabilitación. Farei todo o que poida para disputar o circuíto en plena forma", asegurou Vingegaard.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade