Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vingegaard abandona o hospital de Vitoria tras doce días ingresado

Vingegaard abandona o hospital de Vitoria tras doce días ingresado

O corredor podería chegar ao Tour, aínda que non ao 100 % 

G24.gal 16/04/2024 15:09 Última actualización 16/04/2024 15:18

Jonas Vingegaard xa non está no Hospital de Txagorritxu de Vitoria. O danés saíu da cidade vasca este martes pola mañá, ao redor das 12 horas, e a idea inicial era de poñer rumbo a Francia en primeira instancia nun avión medicalizado.

No seu estado actual, co pneumotórax como principal inconveniente, a recomendación é que o voo, en avión medicalizado, non supere os 1.000 metros de altura.

O propio equipo mostrou despois en redes sociais imaxes do corredor feliz por abandonar xa o centro hospitalario.

"Grazas ao equipo médico e a todos vós polo apoio. Agora é momento de completar a miña recuperación", dixo o ciclista ao saír do hospital.

Ninguén desde o equipo ou a súa contorna dá prazos sobre o seu posible regreso. A recuperación segue segundo os prazos previstos. Segundo médicos consultados, o corredor podería chegar ao Tour, aínda que non ao 100 %.

En Vitoria, o corredor foi operado de clavícula e non de pneumotorax.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade