Cargando resultados...
Douvikas mantén o acerto goleador na pretemporada do Celta
Un gol do grego decidiu o partido amigable contra o Gil Vicente (1-0)
G24.gal
26/07/2024 20:29
Esta tarde tivemos un novo partido amigable da pretemporada do Celta. Ante o Gil Vicente puidemos ver uns minutos a Joseph Aidoo pero non a Borja Iglesias, que aínda non se estreou coa camiseta do Celta.
O equipo de Claudio Giráldez gañou por 1-0 ao conxunto portugués. E unha vez máis o goleador foi Tassos Douvikas. O dianteiro grego está tirando proveito da pretemporada para se reivindicar. Leva xa 5 goles. Carles tivo a ocasión de marcar o segundo logo dunha gran deixa de Hugo Álvarez, pero o porteiro portugués estivo moi ben. Unha nova proba para o Celta e unha nova vitoria.
