Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta quere amarrar a permanencia diante dun Granada descendido

O Celta quere amarrar a permanencia diante dun Granada descendido

A vitoria no seu partido evita mirar para o que aconteza noutros campos

Imaxe realizada con intelixencia artifical
G24.gal 19/05/2024 13:33 Última actualización 19/05/2024 16:24

Despois da xogada de Damián e o cacheirolo de Hugo Álvarez, despois dunha nova remontada pra tumbar o Athlétic en Balaídos, o Celta de Giráldez busca a súa quinta vitoria en nove partidos. E así foi que marcharon pra Granada. Cun sorriso nos beizos, dispostos a noquear un rival xa descendido.

Co técnico a voltas coa aliñación. Coa baixa de Carles e o regreso de Guaita. E facendo encaixes pra meter de novo a Aspas no equipo. Coa lembranza do gol de Larsen e triunfo pola mínima da primeira volta en Vigo.

E sobre todo, coas contas claras. Esas que apuntan que se gaña o Celta ou tropeza o Cádiz haberá celebración e así pechará o libro do Centenario. Cunha temporada que arrincou con ilusión, con outro presidente, con outra letras e acabou coa mesma música e as angurias dos últimos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade