Publicador de contidos
Publicador de contidos

A chuvia volve frear a Jorge Prado

A chuvia volve frear a Jorge Prado

O piloto lucense perde o primeiro posto do Mundial de motocrós nunha segunda carreira marcada pola auga

Febvre gañou en Francia e Gajser volve colocarse como líder do MXGP

G24.gal 19/05/2024 14:40 Última actualización 19/05/2024 14:48

Ao igual que acontecera en Portugal hai unhas semanas, a chuvia volveu a condicionar o desenvolvemento do Gran Premio de Francia no Mundial de motocrós. Custoulle caro a Jorge Prado que na segunda carreira, na que apareceu a auga, rematou no sétimo posto, por detrás dos seus rivais. 

Duelo con Gajser na primeira carreira

Tim Gajser saíu disposto a recuperar a primeira posición do MXGP que perdeu en Lugo. Na carreira de cualificación rabuñara os dous puntos de vantaxe que traía Prado e na primeira carreira exerceu un dominio asoballador. O francés Romain Febvre foi o máis rápido na saída con Prado na súa roda. Pero pouco duraron diante da ambición de Gajser que no segundo xiro xa estaba en cabeza. Marcou un ritmo moi forte inalcanzable para Febvre e para un Jorge Prado que atacou o francés no treito final da carreira e conseguiu superalo. Achegouse a catro segundos de Gajser pero nunca perigou a vitoria do esloveno. 

A treboada condiciona a segunda carreira

Había predición de chuvia para a segunda carreira e non fallou, con todo o que prexudica a Jorge Prado. Febvre volveu a saír como un lóstrego. Herlings e Gajser pelexaron pola segunda praza e Prado quedou no sétimo posto sen poder recuperar por causa da lama. Unha caída de Gajser a poucas voltas para o final deulle aire ao piloto lucense. Os tres postos que perdeu o esloveno fixeron que a diferenza no Mundial fose mínima. Por adiante Herlings conseguía adiantar a Febvre na última volva. Non puido levar o Gran Premio, pero quedou coa consolación de gañar a segunda carreira. 

Sancións a Seewer e Horgmo

Unha vez rematado o Gran Premio, os xuíces decidiron sancionar a Seewer e Horgmo con dous postos co que Gajser subiu á cuarta posición e Prado á quinta na segunda carreira. Iso fixo que Gajser levase o primeiro posto en detrimento de Seewer e que a vantaxe a prol do esloveno á fronte da xeral aumentase nun punto. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos