Publicador de contidos

Publicador de contidos

Debate arredor da invasión do espazo público polas terrazas da hostalería

Debate arredor da invasión do espazo público polas terrazas da hostalería

Ampliáranse de xeito excepcional coa pandemia

Moitos veciños piden agora que se regulen

G24.gal 29/03/2022 21:35

Os locais de hostalería foron os máis damnificados da pandemia e daquela os permisos para ampliar as terrazas supuxeron un alivio para eles pero agora, coa volta á normalidade moitos cren que toca regular de novo a situación.

Moitos veciños cren que invaden os espazos públicos das cidades e deixan aos condutores sen prazas para estacionar.

Tamén hai quen aposta pola súa continuidade e considera que as terrazas non molestan a ninguén.

Outros opinan que a instalación de terrazas a pé de asfalto son perigosas e moitos lamentan o feísmo orixinado arredor delas. Sen control nin normativas os veciños denuncian a presenza de todo tipo de materias, dende plásticos ata madeira.

O futuro destas particulares terrazas está agora en mans dos concellos e das súas ordenanzas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar