De Vogue á Coruña: Anna Wintour, exdirectora de Vogue USA, visita Inditex
Anna Wintour veu expresamente dende París para visitar a sede de Inditex, onde foi acompañada pola súa presidenta, Marta Ortega
Anna Wintour, a que durante décadas foi a directora de Vogue Estados Unidos e actual de Condé Nast, veu expresamente dende París para visitar a sede de Inditex.
Wintour xa manifestara dende hai anos a súa intención de coñecer as instalacións do xigante da moda. Na súa visita estivo acompañada pola presidenta de Inditex, Marta Ortega.
A muller máis influínte do mundo da moda
Anne Wintour, xefa de redacción de Vogue dende 1988 ata 2025, é considerada como a muller máis poderosa no mundo editorial e unha figura tremendamente relevante no mundo da moda.
A londiniense transformou a revista nun referente global e nunha plataforma clave e de referencia para deseñadores, marcas e tendencias.
Wintour desempeña ademais un papel de presidenta principal do espectáculo anual de moda mundial de alta costura Met, en Manhattan dende os anos 90.
Co seu recoñecible e característico corte bob, e as súas lentes solares aterra directamente desde París en territorio coruñés para visitar a sede da gran multinacional galega, Inditex.
The Devil Wears Prada (2009)
A figura de Wintour inspirou un dos retratos máis icónicos do poder na industria, a temida directora de Runway na novela The Devil Wears Prada.
Aínda que a inspiración nunca foi confirmada pola gurú da moda, o paralelismo e a súa carreira contribuíron a alimentar a lenda máis aló das pasarelas.
Outras personalidades visitan Inditex
A visita da exdirectora de Vogue acompaña a outras de famosos como Richard Gere e a súa muller en 2025, Rosalía en 2024, Antonio Banderas en 2021, Pau Gasol en 2016, entre outros.