Os 30.000 empregados das tendas de Inditex en España cobrarán un plus de 1.500 euros
Esa paga extraordinaria está vinculada a obxectivos comerciais conseguidos no exercicio 2025-2026
O incentivo extraordinario pagarase a case 30 mil empregados das tendas de Inditex en España na nómina de febreiro. Os ata 1.500 euros que percibirán están vinculados a obxectivos comerciais que se acadaron no exercicio fiscal 2025-2026, que rematou o pasado 31 de xaneiro, segundo confirmaron a EFE este xoves fontes do grupo empresarial.
Más do 99 % das tendas que Inditex ten en España lograron un incentivo igual ou superior a do ano pasado e máis da metade lograron algún tipo de sobrecumprimiento que permite acadar un incentivo de ata 1.500 euros brutos ou 900 para quen faga xornadas inferiores a 24 horas semanais. Inditex xa comunicou ao seu persoal de tenda en España a renovación deste plus para o exercicio fiscal 2026, que se verá, ademais, incrementado nun 3 %.
O grupo, formado entre outras marcas por Zara, Zara Home, Pull&Bear, Massimo Dutti, Bershka, Stradivarius, Oysho e Lefties, presentará as contas correspondentes ao exercicio fiscal 2025-2026 previsiblemente o vindeiro 11 de marzo.