Publicador de contidos

Publicador de contidos

David Rodríguez "Hai que aprender deste resultado"

David Rodríguez "Hai que aprender deste resultado"

O talaverano analizou a derrota ante o Zamora

G24.gal 16/04/2022 11:02

A xeira triunfal do Rácing de Ferrol rematou onte coa derrota na Malata ante un conxunto situado en postos de descenso. A pesar do duro traspés, o autor do único tanto departamental, David Rodríguez, quixo seguir sendo optimista e facer autocrítica para render ata final de temporada.

"O que era difícil era o que estabamos a facer ata o de agora. É duro perder na casa coa nosa xente que se está a enganchar. Así é esta categoría, un bo Zamora, que se pon cero a dous e que se pon todo costa arriba. O que outras veces sae, hoxe non. Esa xogada de Dani ao pau, se entra era o empate e troca a película"

O Rácing mellorou na segunda parte pero xa foi moi difícil conseguir a remonta.

"Cando acontece isto nesta dinámica o que temos que facer é aprender e saber que tódolos partidos que quedan en casa, sobre todo cos equipos de abaixo, van ser traizoeiros, ter a máxima humildade e non desviarnos do que estamos a facer"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade